lunes, 8 de octubre de 2012

O CASTRO DE SANTA CRISTINA - LENDA

O CASTRO DE SANTA CRISTINA
LENDA




   

     Un veciño de Rendal díxonos: "Os meus tíos aínda estiveron cavando no castro de santa Cristina, pois un home da vila falou xun mouro de Xerusalén que lle dixo que os seus antergos eran do castro de Santa Cristina, e que nel, ao saír o Sol, había que mirar onde marcaba cos raios; alí había unha porta de bronce que tiña dentro unha chave de ouro, pero había que andar con xeito pois se os raios de Sol daban nela, queimaríase o que estivese diante".

   Máis tarde Álvaro de Benito contou: "Eu e outros fomos cavar ao castro de Santa Cristina guiados por un libro que tiña Xan do Cardón, que morreu no Brasil, e que tiña notas de todos os castros dos arredores; non atopamos o tesouro, pero si carbóns e lousas con ósos debaixo".

   "Santa Cristina era moura, pero namorouse dun branco e traizoou os mouros, e deuse unha batalla tan fera que ía a auga di río Mao rubia ata Belesar. Por iso no río Mao non ten peixes, senón só troitas"

   " O pai de Santa Cristina, que era mouro, cando viu que a súa filla se fixera  cristiá, matouna a coitelazos"

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
O Incio - Lugo
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901