lunes, 8 de octubre de 2012

O CASTRO MARTIÑO - LENDA

O CASTRO MARTIÑO
LENDA




     Unha nena que andaba gardando as ovellas atopouse cunha señora que, ó seu lado, tiña un galiña con seis ou oito pitiños, que lle dixo:
 
      — Vaite para a casa e pídelle a túa nai que che faga un pan sen sal. Se esto fai como cho pido, cando me entregues o corrolo esta galiña e estes poliños converteranse en ouro e será para ti.
 
      A nena, medio asustada e sen perder tempo foi a súa casa e díxolle á nai que lle fixera un corrolo sen sal.
   Pero a nai preguntoulle para quen o quería, e díxolle que non lle fora con traballos nin toleadas, pois o pan sen sal sabe mal. A nena insistiu e a nai fíxose forte, ata que a nena tivo que dicirlle a verdade.
 
      Entón, esa noite, a nai, que nese momento estaba amasando pan para a casa, da mesma masa fíxolle un corrolo, meteuno no forno e, tan pronto como estivo cocido, deullo á nena, que saíu correndo cara o lugar onde se encontraba aquela señora descoñecida.
 
      Cando chegou ó lugar onde estaba aquel gran tesouro, díxolle a señora:
 
      — Canto o sinto, botaches todo a perder; non fixeches o que che mandei.
 
      E nese intre ela e mais o tesouro escaparon da vista da nena.



SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901