lunes, 8 de octubre de 2012

O DEMO E O PAUTO

O DEMO E O PAUTO





     O demo ten un poder case infinito: cura doenzas, dá fortuna, procura boa vida e dá certo poder pra se poder vingar nos nemigos. Pra conseguir istes favores compre primeiro de nada, falar coil. Os dous modos principás de facer que apareza son os seguintes:


    1.- Guísase unha pita negra ben condimentada con allo e ceboleta (a cebola das varas de San Xosé) e pementa negra; despois das doce da noite vaise a unha encrucillada provisto do guiso, unha botella de viño tinto e un mandil de picote.

    Faise un circo, trázase o sino de chamada (aseméllase á letra hebrea schim) e posto no meio do circo, empézase a comer a pita e beber o viño.


    Cada vez que bebe, ten que dicir: "ou ves, ou voume" , e á terceira vez, aparecerá o dos cornos acabalo dunha cabra. O que agarda ten que deita-lo viño circularmente. O demo saudarao e poranse dacordo.





    2.- O segundo modo de facer surtir ó demo é o seguinte: cóllese unha vaiña de fabocas que teña nove graos e ponse dentro da pía de auga bendita un día que sexa nones, antes que ninguén tome auga, e sácanse ó remata-la misa, despois que teñan saído todos. Fanse dúas velas de sebo dun que teña morto aforcado. 

     Despois das doce da noite alcéndense as velas nunha habitación ben pechada e, antre elas, ponse un crucifixo de boca pra baixo, e sobor da mesa onde estean postas estas cousas, póñense encima as nove fabas, cada unha cun dente de allo ó lado. Pénsase en que o demo pode máis que Deus, e ós poucos instantes, oiense tres golpes na porta; érguese un, e cun allo fai dous riscos hourizontás na pechadura. Inmediatamente entra o demo. 


    Non compre adevirtir que o individo non ha ter medo, pois si o ten, o demo ríese e non entra en trato con el.


    Como o demo ten tanto poder, pódense facer tratos con el o principal deles consiste en pedirlle a felicidade nesta vida en troques da ialma. Pra isto faise un documento pondo as condicións en que se fai a venda e fírmase con sangue que o vendedor tira do brazo esquerdo.    
 

(Revista Nós, nº 55)

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901