sábado, 6 de octubre de 2012

O DOCE CASTIÑEIRO - CONTO DE MI

O doce castiñeiro




“Os segredos de cadaquén sómente  a el pertencen”

 Ala pola mañanciña unha cesta de vimbio, ben trenzado, esperábame enriba da mesa de traballo.

Preto dela unha nota  dicía: “ Un agasallo, de min para ti “.

Atopabase chea de ourizos de castañas ben maduros.

Abrín un deles,  e a miña sorpresa foi grande xa que o froito quedou deseguido sen cascara, sen pel e  brillaba.

Era transparente hasta deixar o seu corazón tenro  a vista, cuberto dunha bágoa de sedoso xarope doce.

Instintivamente leveina a os beizos. Pechei os ollos e gocei.

Neses intres un solpor percorreu o meu corpo e atopeime, por arte de maxia, nos eidos da árbore nai, cando era ben cativa.

Alguén que fixera xerminar un froito entre algodóns  estaba a facer un buraco no chan, pousou a castaña, coma quen deita un meniño no berce, tapouna con terra e botoulle unha pouca de auga. 

Nunha tella escribiu: ” castiñeiro medrando”, e preto do sementado, colocouna.

O luscoefusco,  pintaba mil cores no ceo.

Aos poucos intres outra persoa, con andar quedo, chegou  con un brote de cana de azucre, nun tarro de cristal.

E repetiu  cerimonia  de facer o buraco e plantouna.


Quedaron ambolosdous moi preto.  A noite chegou.

 Sentiron  frío e soedade.


 Viñan de estar na casa, nela no sopraba o ar, nin a xeada os mollaba. 

O cambio era grande.

Sen percatarse a súas cativas follas rozáronse e atoparon acougo,calor e complicidade.

Comunicárosen sen verbas.

Co paso do tempo non sei  quen tomou de quen, sinxelamente  misturáronse de tal forma que perderon identidade propia para se converter en un. 

Un só, un todo.

Unha arbore forte e doce. 

O mellor de cada quen. 

Medraron.

Abrín os ollos, a cesta continuaba alí, enriba da mesa.

E aos poucos agasallei a todas  as persoas que atopaba con un ourizo.

Desexaba  que  puideran   vivir a maxia da complicidade, da axuda mutua.


Esa árbore existe, ben o sei.

                ¡Uns dos meus segredos!.


 Mi.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901