lunes, 8 de octubre de 2012

O LOBO - CRENZA

O LOBO
CRENZA

  
     
    Na tradición popular galega, o lobo é o nemigo principal do home entre os animás, un ser maléfico e endiañado, nocturno, dotado de poderes máxicos.

    O lobo non pode andar nin acometer máis que de noite, tempo dos espíritus e das pantasmas; e nictálope, ve no escuro, e, en troques, fuxe da luz e do lume, e tamén da música.Os seus ollos de noite teñen unha fulguración extrana, brilan como brasas, hasta confundirense coelas. Tén tanta forza na vista, que produz unha sorte de fascinación, e, por eixemplo, en Parada do Sil, din que a forza dos ollos do lobo estroi o fogo das escopetas, e asina, os tiros que se lle tiran de noite, nono matan. En Rodeiro (Lalín) din que non se lle debe disparar de frente, pois diste xeito non sai o tiro, sinón por detrás ou de costado.
 

    Pra se botar á xente, xúntase sempre con outros; van acompañando a certa distancia ó camiñante que vai de noite, e cando vai chegar onde pode haber xente, é cando o acometen. Si un lobo soio logra matar un home, soe tapalo con follas e vai chamar por outros pra comelo entre todos. 


     Cóntanse outras artimañas do lobo. Unha mnoi dina de nota é a seguinte: cando ve que a víctima (besta ou facenda) pódese defender, procura cegala, emborcallándose nunha lagorza e sacudíndose despóis pra botarlle barro ós ollos, do mesmo xeito que din que fai a águia cos veados, asegún unha creencia oriental recllida por Plinio e moi recoñecida na Edade Media.

    Cando pra se salvar do lobo, un home agatuña por un árbore, o lobo é capaz de estalo agardando toda a noite, ou ben ponse a rilla-lo tronco deica tumbalo. 


    O lobo produce no home dous efectos moi especiáis: o arripío e o embazamento. O primeiro consiste en que, cando o lobo ve ó home enantes de que o home o vexa a il, o home sinte un arripío polo corpo, que lle pon tódolos pelos de punta, tanto, que lle fair caír da cabeza a pucha ou chapéu, e sinte que a roupa se lle pon froxa... 


    Por informes recollidos dentro e fora de Galiza, iste asunto foi posto a discusión non hai moito, ocn motivo de telo posto de mañifesto Don Eugenio d'Ors. O embazamento consiste no feito, ó parecer tamén comprobado, de toller a fala o lobo ó home, nas mesmas condiciós devanditas. 

    A presencia, aínda non vista, do lobo causa no home unha compreta afasia, que pode durar hasta oito días, acompañada doutros fenómenos neriosos e fisiolóxicos. Istes efectos de verdadeira fascinación apóñense a dúas causas: ben á "forza da vista" do lobo - dun modo semellante ó do mal de o llo nas persoas- forza que se mañifesta no lume dos ollos do animal, ben ó "bafo", de xeito semellante ó que din da serpente. 


Vicente Risco. "Etnografía. Cultura espiritual", en Historia de Galiza, dirixida por Ramón Otero Pedrayo


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901