domingo, 7 de octubre de 2012

O LOBO DA XENTE DE PRADO - LENDA

O LOBO DA XENTE DE PRADO 
LENDA







     O outro bobo da xente, famoso nas terras de Viana, é o lobo da xente de Prado, Trátase dun mozo que nunha ocasión estaba cortando molime en compañia do seu pai e, chegaba a hora de xantar, sentaron a comer un anaco de pan, dicindo o fillo:

     - O que eu comía de boa gana a estas horas era unha miga de carne; o pan seco non entra ben.

     Ao que lle contesto o pai:

     - Nunca falto de carne te vexas. Aínda lobo da xente te volvas para que nunca che falte.

     Aquel mesmo día desapareceu o maldito, comenzando as súas malfeitorías aterrorizando a comarca polo gran número de vítimas que enguliu. Víase a miúdo en forma humana;  dunha vez preparábase para envolcallarse na bosta dunha vaca coa intención de transformarse en lobo e devorar un rapaciña pero, chegando o pai da nena, preguntoulle que estaba facendo.

     - Buscando unha agulla que me caeu - respondeu e, cando xa estaba un pouco lonxe, engadiu:

     - Sorte tiveches vir hoxe por aquí, senón íache comer a filla.

     Noutra ocasion en que tamén estaba en forma humana, a fame e o frío obrigárono a pedir amparo na casa dun amigo se Soane (Viana), quen de moi mala gana o deixou entar na súa casa nunha fría noite de inverno para que se quentase e comese.

     Pasaban as horas sen que saíse da casa, e o temor do amigo ía aumentando porque non facía caso aos rogos e razóns que lle facía para que marchase, véndose na necesidade de botalo case á forza, cerrando a porta en canto pasou a soleira da casa. Isto salvouno dunha morte segura, pois no mesmo intre transformouse en lobo, rabuñando a porta e tentando tirala abaixo.

     Por fin matárono cando estaba en forma humana. Para iso agardaron na ponte, logo de preparar unha pedra e unha corda cun nó corredizo. Botáronlle a corda ao pescozo cando ía pasar a ponte e guindárono no río onde afogou.

MAPA
 
Viana do Bolo - Ourense
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901