domingo, 7 de octubre de 2012

O LOBO. O RAPOSO E O HOME


O LOBO, O RAPOSO
E O HOME 
CONTO


   

      Xuntáronse unha vez un lobo e un raposo e puxéronse a falar dos enemigos que cada un tiña. E o raposo dixo que o máis malo de todos era o home.

     - ¿O home? - dixo o lobo que nunca un vira - ¿E cómo é ese home? 


     O raposo díxolle como era, e non lle pareceu ao lobo tan terrible, polas señas que lle daba, pero entráronlle ganas de conocelo e preguntoulle ao raposo se lle podía enseñar. 


     E saíron de cara á aldea.. polo camiño atoparon un vello arrimado nun caxato. Nada máis velo, o lobo preguntou: 


     - ¿Aquel é o home? 


     - Non - respondeu o raposo- Aquel xa foi. 


     Seguiron andando e encontraron un pequeno. O lobo volveu preguntar: 


     - ¿Aquel é o home? 


     - Non - respondeu o raposo - Aquel aínda ha ser. 


     E seguiron andando e encontraron un cazador. Entón dixo o raposo: 


     - Ai, compadre, alí ven un home. 


     E dixo o lobo: 


     - Pois eu quería dar unha loita con el. 


     Pero ao chegar perto do cazador, este disparou un tiro e bateulle ao lobo nun oído, e dixo este: 


     - ¡Caramba para o home! Tiroume un aturuxo que por pouco me atonta! 


     - Pero así a todo quería dar unha loita e o raposo foino levando xunto dun ferreiro que estaba traballando na forxa, e díxolle o raposo ao ferreiro: 


     - Meu compadre ven buscando con quen loitar.


     E o ferreiro díxolle: 


     - Agarda que termine de caldear aquí o ferro.


     E púxose a rozar unhas tenazas e, dende que as tivo ben roxas, dixo: 


     - ¡Vamos xa! 


     E botoulle as tenazas ao fuciño de lobo que entón xa non quixo loitar máis, e despois dicíalle ao raposo: 


     - ¡Caráina co home! ¡Parece que ten a arte do demo! Agarroume con dous dedos e levoume a mitade do fuciño. ¡Se me bota a man toda, levaríame a cabeza! 




SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901