sábado, 6 de octubre de 2012

O LOBO SEN RABO - CONTO


O LOBO SEN RABO
CONTO


    

     Unha vez pasada ía o lobo andando e chegou a un campo. Andaban dous carneiros e díxolles:


     -¡Vouvos comer!

     Os carneiros dixéronlle:

     -Comerasnos, pero primeiro tes que nos axudar a partir o campo.

     Mandárono poñer no medio e eles viñeron viñeron a correr e déronlle unha atopada, e o lobo marchou rabeando e foi andando e chegou a outro campo. Andaba unha besta coa súa cria e díxolle:

     -¡Vouvos comer ou a ti ou ao fillo!

     Entón a besta díxolle:

     -Comerás, pero primeiro quería que me sacases un pico que teño nun pé.

     El foi sacalo e ela deulle un couce e o lobo marchou sen podeer comer nada. Foi camiñando, entrou nun forno onde estaban unhas cabras fiando e díxolles:

     -¡Vouvos comer!

     -Tes que nos cantar a misa primeiro.

     E púxose a cantar a misa e elas entón botáronse a escornichalo e non tivo máis remedio ca escapar, e foi polo camiño andando, chegou onda un carballo e púxose a pensar dicindo:

     -Cando eu fun partidor de campos, cando eu fun sacador de espiñas e cantador de misa, se viñera un raio e me partira, ¡xa me daría a risa!

     Un carpinteiro que estaba por riba do carballo deixoulle caer o machado e cortoulle o rabo e o lobo marchou máis enfadado.


XOAN ARCO DA VELLA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901