lunes, 8 de octubre de 2012

O OUTEIRO DE RUBIÓS - LENDA

O OUTEIRO DE RUBIÓS
LENDA




     No outerito de Rubiós houbo unha grande cidade chamada San Salvador ou Cachiquimbra, nome que aínda leva unha parte do monte.
 
      Esta cidade foi destruida po-los romanos ou po-los franceses que estaban no castro do Furriolo.


      Emprincipiou o ataque, un grande fogo sostido dende o propio Furrioloa pesar da distancia de dúas legoas que os afasta, pois é sabido que os antigos tiñan mellores armas e de máis alcance que as nosas. 

     Fóronse acercando os inimigos a Cachiquimbra, puxéronlle sitio e remataron por destruila, morrendo dos da vila 11.000 mártires.
 
      Cando os sitiadores estaban xa ó pé da vila, uns soldados foron pousar unha miga á beira dunha poza, que aínda existe, es sentáronse nunha, coidaron trabe, que estaba deitada no chan. 


     Pouco tempo durara a pousa, cando sentiron rebulir a trabe, e viron con espanto que era unha serpe grandísima que, despois de beber na poza, quedara adurmiñada. 

     Disparáronlle os seus fusís, pero tiña tan duro o coiro que as balas non lle entraban, e entón foi cando un dos soldados mandou que colleran un anaco de carne e que o prenderan no cabo dunha corda. 

     Feito isto, déronlle a carne a serpe e en canto lle entrou na gorxa ataron á corda a un penedo, e a serpe morreu no instante mesmo. Desde entón é que chaman á poza a "Poza da Serpe".


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901