lunes, 8 de octubre de 2012

O POZO BASTON - LENDA

O POZO BASTON

LENDA




   
    Un soldado de Araño foi servir ao rei a África. Ali falou con un mouro que lle preguntou de onde era e de que zona. 


   Cando llo dixo o soldado, o mouro preguntoulle se sabía onde estaba o pozo Bastón, que alí tiña el enterradas tres fillas e quenon sabía o que lle daría se llas trouxese.

   Deulle ao soldado tres bolos de pan e as instrucións que tería que seguir.

   Chegado á casa, deixou os bolos riba da mesa e, ao velos a súa muller, cortou unha rebanda dun deles.

   O soldado reprendeuna, pero o mal xa estaba feito. 


    Colleu os pans e foi ao pozo Baston; xa alí, botou un ao pozo e saíu unha moza moi guapa. Botou o segundo e saíu outra. Logo botou o cortado e saíu unha terceira moza, coxa que caeu e arrastrou con ela ás outras dúas.

   E aínda seguen alí.


Laíño, Dodro - A Coruña
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901