sábado, 6 de octubre de 2012

O RAPOSO E O BARQUEIRO - CONTO


O RAPOSO E O BARQUEIRO 
CONTO





     
     Un día ía o raposo pasar o río e díxolle ao barqueiro se o pasaba. O barqueiro díxolle que si, pero que lle tiña que pagar antes, e o raposo, como non tiña cartos, díxolle que se o pasaba lle contaba as tres verdades do barqueiro. O barqueiro, pensando que era verdade, díxolle que montara e que empezara a dicirllas. 

     O raposo empezou dicindo:

     -Hai quen di que o luar é coma o día, pero eu digo que non porque mellor vese de día.

     -Tes razón -dixo o barrqueiro.

     Cando ían no medio do camiño díxolle o barqueiro que lle tiña que dicir outra das verdades e o raposo dixo:

     -A xeada, hai que di que é coma a auga, pero eu digo que non porque a xeada come os froitos e a auga, ao contrario, dáos.

     -Tamén é verdade -contestou o barqueiro.

     Pero, cando xa chagaban á beira, díxolle o barqueiro o raposo:

     -Se non me dis a outra verdade, non chego a barca a terra e non podes saír dela.

     E o raposo deu un pulo e xa saíu á terra e, desque estaba fóra, dicíalle ao barqueiro:

     -¡Ai, compañeiro, se todos che fan coma min non che fai falta bolsa para o diñeiro!


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901