domingo, 7 de octubre de 2012

O SATRE, O ZAPATEIRO E OS LADRÓS

O SATRE, O ZAPATEIRO
E OS
LADRÓS



     Andaban unha vez ús ladrós azoroñando unha eirexa, i entón o cura puxo gardas dos homes da parroquia; mais unha noite tocoulle a dous mozos, que a todo trance querían ir ás mozas e non sabían como poder escurrirse. Chegaron nesto por alí un xastre e un zapateiro, que, mediante unha boa paga, quedaron no lugar dos outros mozos na garda da eirexa. 

    Subíronse prá tribuna e puxéronse a traballar cada un no seu oficio. Aló pola media noite ouviron que os ladrós chegaban, e moi quedos deixáronos entrar con toda libertade. tenderon os ladrós no medio da eirexa unha saba e nela puxeron todo canto traían pra partir entre iles. 
 
    Mais neste momento en que non pensaban nada na outra vida, érguese o xastre e berra con toda a forza do seu peito: "Acudide aquí difuntos". 

    E o zapateiro, que non se deixaba agardar prás respostas, ciscando todolos seus trebellos, contestóu: "Aló vamos todos xuntos".

 
    Os ladrós tal medo colleron que nin un minuto pararon; fuxiron como chispas pola aldea embaixo, deixando todo o seu bén no medio da eirexa, o que souperon aproveitar o xastre e o zapateiro. 
 
    Logo que pararon os ladrós, dixo un deles: "Ben sería ir ver o que alí había, pois se cadra foi cousa do demo". 
 
    Atreveuse un e foi á eirexa e púxose a escoitar o que dentro pasaba. Pero naquil instante disputaban fortemente o xastre e mailo zapateiro por un real e, santo Dios, non habia camiño pra el; e ó chegar xunto dos compañeiros, díxolles. "Ai meus amigos!: moitos deben ser os que alí foron, pois aínda non lles toca a real". 
 
    Os ladrós que tal ouviron marcharon como lóstregos daquelas terras.


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901