sábado, 6 de octubre de 2012

O XUÍZO DO DEMO - CONTO


O XUÍZO DO DEMO
CONTO


     

     Ían dou mozos andando por un camiño no que estaban Deus e o demo pedindo esmola. Un deles soamente lle deu a Deus pero o outro deulle unha peseta a Deus e un pataco ao demo, pois acordouse de que tiña oíde que dicían:  "Deus é bo pero o demo non é malo".


     Andando tempor, o mozo que lle dera a esmola ao demo foi ao servizo e, un día que tiña moita fame e non tiña cartos, foi a unha taberna e pediu un para de ovos cocidos, dicíndolle ao taberneiro que xa llos pagaría, pois aquel día non tiña con que.

     O pobriño do soldado non daba xuntado os cartos para lle pagar ao taberneiro que, xa canso de agardar, deu parte del.

     Citaron ao soldado e sinalaron o día do xuízo, dicíndo que buscase defensor.

     Viña o soldado moi mal humos cando no camiño lle saíu un home ben vestido de negro, que lle dixo:

     -¿E logo, que che pasa? ¡Mesmamente levas unha cara coma se che fixeran algunha cousa mala!

     -¿Pois que me vai pasar? -e o mozo contoulle todo.

     -¡Por iso non te apures, ho! Todo ten goberno neste mundo. ¿Non che acorda unha vez que estaban Deus e o demo pedindo esmola? Pois o demo son eu, de modo que eu che serei o defensor o dñia do xuízo.

     Chegaron o día do xuízo e alá foi o meu soldado todo cheo de razón acordándose do ofrecemento que lle fixera o demo. Estaba sinalado para as once e estiveron agardando polo defensor ata as once e media pero, como non daba vodo, tivérono. O taberneiro pedíalle ao soldado montes e moreas dicindo que se puxera aqueles dous ovos de cocho darían dúas polas, aquelas polas peñerían máis ovos, daqueles ovos sairían máis polos.... de modo que, no día de autos, seria dono de centos e centos de pitas e estaría rico. O avogado que ía a favor do taberneiro puxo as cousas de tal maneira que condenaron ao pobre soldado a pagar moitísimo diñeiro mais, como non o tiña, debía ir ao cárcere por moitos anos.

     Deron o xuízo por acabado e, cando ían pechar as portas, apareceu o defensor do soldado. Non querían darlle oídas mais alegou que non se podía celebrar o xuízo sen estar o defensor do acusado, conque lle deron licenza para que falase. E falou asi:

     -Tardei moito porque hoxe tiña que botar un fabal e antes estiven cocendo as fabas que ía sementar.

     -¡Cocelas! -respondeu o xuíz-. ¡Home, na vida se oíu cousa semellante! ¿Que froito poden dar as fabas cocidas? ¡Vostede está tolo!

     -¿Que froito poden dar? Pois outro tanto como podían dar os ovos que comeu o meu defendido.

     
     Aqueles ovos estaban cocidos e dese xeito aínda que se puxeran de choco, eu penso que non sairía ningunha pola deles, polo tanto o meu defendido non ten que pagar máis que o valor dun par de ovos que comeu e, se imos levar as cousas dereitas, os réditos que lle toquen a eses cartos postos ao tanto por cento que sexa de lei.

     O xuíz, o escribán e os demais miráronse uns cara aos outros pero non atoparon que responder. Calaron e deixaron ao soldado coa pena que lle pedira o defensor.


XOAN ARCO DA VELLA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901