domingo, 7 de octubre de 2012

OS COMPADRES E OS GALOS

OS COMPADRES E OS GALOS 
CONTO

     Ían dous compadres xuntos para unha feira e, no camiño, atoparon a dous galos liándose e foron eles e colleron cada un seu galo, cortándolle-lo gañote e coméronos nunha taberna.

     Chegou o tempo de cumplir co prefeuto e foron os dous compadres confesarse e, ao vir de confesarse un, díxolle ao outro:


     Has de saber que temos que pagá-los galos que comemos ese día na feira; pois díxome o confesor que se non daba palabra de restituir non me podía dar a absolución. 


     O outro compadre contestoulle: 


     - ¡Ti non sabes confesarte! Xa verás como a min non me di tal. 


     Tocoulle o turno ao outro compadre e díxolle ao confesor: 


     -Ía eu e máis un compadre por un camiño e atopamos a dous líandose, collemo-los dous, levámolos xuntos e comimos con eles nunha taberna. ¿E esto pecado?


     E contestoulle o confesor: 


     - Moi lonxe deso, ¡eso é unha virtude! Reconciliar a dous enemigos e comer con eles é cousa de moito mérito!






SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901