lunes, 8 de octubre de 2012

OS LOBOS DO CRUCEIRO DA GÁNDARA

OS LOBOS
DO 
CRUCEIRO DA GÁNDARA 
LENDA




     No lugar de Cerqueriras, da parroquia de Santa Cristina de Vea, concello da Estrada, e de fronte da capela da Gándara, adicada á Virxe de Aránzazu, atópase un cruceiro barroco de boa arte popular. Ten no varal de sección poligonal a figura dun frade francisco con palma na man dereita, que ben puidera se San Antonio, aínda que sen neno. Na cruz se presenta a Cristo encravado por unha banda e, po-la outra, á Virxe triunfante, cos brazos abertos como no pasamento da Ascensión, con anxo todoó redor.
 
      No basamento ten este epígrafe:


JUAN DE PORTO Y CATALINA DE RIBEIRA SU MUGER PAGARON ESTA OBRA AÑO 1742
      Nunha das faces do varal, estoutro bastante comesto xa po-lo tempo:


ANTE ES/TE CRUCE/RO..... VN/....... SALVE/....... APEDIMIº/DE QUIEN/ LO MANDÓ/
/HACER AÑO /DE 1747


     Os veciños do lugar Francisco Barcala Sinde e Xosé Barcala, duns corenta e cinco anos, contáronnos a lenda do erguemento do cruceiro manifestando que, condo o lugar de Cerqueiras era todo unha carballeda, había moitos lobos nel, e certo día as feras levaron unha meniña filla de Xan do Porto e Catalina de Ribeira, que figuran na inscrición do cruceiro. 
     Buscaron os pais a nena inzados de dor, sen atopa-la por ningures. Acudiron entón á Virxe que na capela recibe homenaxe e pregaron acesamente. Cando voltaron buscar deron coa nena viva e sá, acariñando un lobo morto que tiña á beira. Os pais, agradecidos, fixeron erguer o cruceiro que alí está.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901