martes, 2 de octubre de 2012

OS MARTIRES DE SOBREDO - TUI



OS MARTIRES DE SOBREDO 
TUI 
PONTEVEDRA

 
    A meirande parte das terras cultivadas de Galiza, máis das tres cuartas partes, estaban sometidas a contratos de "Foro" desde a idade media. O foro era o contrato establecido sobre unha terra que se pagaba anualmente en especie (millo, viño, animais...) ou en diñeiro, condenando ao campesiñado a unha agricultura de subsistencia.
 
Xa a sociedade do século XIX era consciente de que esa "carga" grazas a cal nacera e medrara a fidalguía, impedía a modernización do agro galego, e para eliminala, a I República aprobara unha lei en 1873, derogada no ano seguinte por mor da presión dos arrendadores. A definitiva lei que lles permitiu ás persoas labregas seren donas das terras que traballaban (previo pago dunha indemnización) foi o decreto-lei de 25 de xuño de 1926.


As Sociedades Agrarias
     Para eliminar os Foros xurdiron as Sociedades Agrarias; en 1912 xa había 117 sociedades na provincia de Pontevedra. Nas Asembleas e Congresos agrarios coma os de Monforte, Ribadavia, Redondela, Tui... establecíanse as liñas de actuación deste movemento (mitins, propaganda, boicot aos pagos, mobilizacións...).

 
      Na provincia de A Coruña tamén había este tipo de Sociedades como era a Liga Agraria de Nebra, que despois dos tristes feitos acaecidos o 12 de outubro de 1916, as autoridades incautaronse de toda súa documentación e a día de hoxe aínda non foi devolta ao pobo.

 
     O 27 de novembro incautáronse os libros e chaves das sociedades de Areas, Randufe, Malvas, Pazos de Reis, Rebordáns, Paramos, Baldráns e Caldelas.
Sobredo

 
     O 27 de novembro de 1922 preséntanse en Sobredo (Guillarei), xuíz e garda civil para embargar os bens dun veciño que non pagaba o Foro. A toque de campás, xuntáronse unhas dúas mil persoas da bisbarra. Ao disolver a forza pública a manifestación a tiros, houbo varias persoas feridas e resultaron mortas: Cándida Rodríguez, de Pazos; Joaquín Estevez Besada, de Soutelo; e Venancio González Romero, de Budiño.


     Os feitos tiveron moita sona na prensa, parlamento, literatura, conferencias... O goberno decatouse entón da nesidade de darlle unha solución ao conflito agrario, o que levou á redención dos Foros. Foi entón, grazas á actitude loitadora e comprometida destas mulleres e homes do agro, que se conseguiu abolir un dos residuos da sociedade estamental e que condenaba en vida o campesiñado deste pais.



     O Monumento aos Mártires foi feito por iniciativa popular e esculpido por Camilo Nogueira nos tempos da II República, e os fascistas dinamitárono durante a guerra, e nos anos 80 outra vez por suscripción popular recuperouse parte do monumento que veciños e veciñas agocharan nos muros ou enterraran nas leiras, e encargouse o resto a un escultor.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901