sábado, 6 de octubre de 2012

OS SETE LADRÓNS - CONTO

OS SETE LADRÓNS 
CONTO




      

     Unha vez houbo un matrimonio que tiñan un fillo só e criouno con toda mimarrachada e cumpríndulle todos os gustos. Fíxose home e dedicouse a xogar e ás baduladas, ata chegar a meterse de ladrón e acabar de capitán dunha partida deles.
       

     Nunha ocasión pasou o pai cerca da cova onde se escondía e díxolle aos outros que era seu pai e que o ía roubar. Os compañeiros dixéronlle que se era seu pai que non ían e, entón, dixo que ía el só porque tiña unha conta que gobernar con el.

      Foi e saíulle ao camiño e pediulle os cartos. O pai respondeulle que non os tiña, que llos gastara un fillo que tivera, e os poucos que lle quedaran que os tiña empregados.


      -Boeno -díxolle o fillo-. pois entonces colla ese rebolo novo que hai aí e vólvalle o pico ata o chan.


      O pai fíxoo sen traballo ningún, pero enton o fillo dixolle:


      -Agora, a ver se é capaz de facer o mesmo con aquel outro máis groso.


      Por moito que o pai tirou, cáseque non o fixo abanear. Entón díxolle o fillo:


      -¿Non me coñece, non? Non é estraño coas barbas que traio. Pois eu sonlle o seu fillo, que cheguei a este camiño pola súa culpa. Se cando era rapaz me arrecadara en lugar de deixarme á renda solta, tamén me houbera domado coma ese rebolo novo, pero deixoume ir por malos camiños e agora xa non podo, por moito que faga, volver á vida de home honrado.


      O pai volveu para a casa e ao outro día morreu de pena, recoñecendo que a culpa de que o seu fillo saíse un ladrón era del, por non sabelo arrecadar a tempo.





XOAN ARCO DA VELLA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901