domingo, 7 de octubre de 2012

OS TRES IRMAUS - CONTO


OS TRES IRMAUS
CONTO 



     Había unha vez un pai que tiña tres fillos; un día o pai morreu e, como era moi pobre, só lle deixou ós fillos unha manta vella e pequena.

     Ó chega-la noite os tres irmaus fóronse deitar e cubríronse os tres coa manta; pero como esta non chegaba pra os cubrir ós tres, estaban toda a noite puxa dun lado, puxa do outro. 


     Entón o maor deles cavilou de enganar ó máis pequeno e pola mañá foi onda el e díxolle:



     - ¡Ai oh! ¿Sabes que podías vender a túa parte da manta?


     - Eu vendo, oh, vendo. Pro ha de ser coa condición de que me hei deitar entre volos dous.

     - ¡Pois xa está! 

     E remataron o trato. Pola noite fóronse deitar e, como acordaran, o mais pequeno deitouse entre iles dous. O pouco tempo emprincipiaron os dos lados a puxar da manta, cada un do seu lado, e o máis pequeno, moi acochadiño entre iles, non faguía máis que dicir: 

     -¡Coitadiño do que vende que non puxa nin estende!
    
¡Coitadiño do que vende que non puxa nin estende! 



SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901