domingo, 7 de octubre de 2012

OUTRA LENDA DA FONTE DE PORMÁS


OUTRA LENDA
DA 
FONTE DE PORMÁS








     Un fidalgo que moraba preto da fonte tiña unha filla moi belida, á que requerían en amores todos os mozos da bisbarra. O fidalgo non consentía a ninguén tratar o casoiro coa filla e, para arredala do perigo, foina encantar á fonte de Pormás.

     Un serán estaba un mozo nunha rozada e ollou chegar o fidalgo coa filla e os criados con sacos ao lombo; marcharon os criados despois de pousar a trouxa e un adival que ía envolto nun saco, quedando sós pai e filla. A moza choraba a fío agarrada aos brazos do seu pai, pregándolle de xeonllos que non a deixase alí, pero o pai non fixo caso; soamente lle dixo:

     - Non teñas pena; quédache con que valerte.

     O fidalgo sacou un libro e comenzou a ler; ao pouco tempo a moza meteuse polo cano da fonte seguidamente os sacos que levaran os criados seguiron o vieiro que levara a moza; quedou fóra o adival, e o fidalgo continuou lendo moito tempo ata que o adival se transformou nunha gran serpe longa e grosa que foi meténdose polo cano da fonte. Cando ía desaparecendo, o home cerrou o libro e díxolle:

     - El que te desencantare, nove veces detrás del cachazo te ha de besare.

     O mozo deixou a rozada e foi á casa, pero o pouco tempo tornou á fonte Pormás para desencantar a fermosa rapaza que el ollara agachar entre as augas. A poucos pasos da fonte apareceulle unha muller que lle dixo con certa tristura.

     - Se non tes valor, non me desencantes.

     O mozo sen arrepiarse chegou á beira da fonte, e sentou nunha pedra e, oíndo un grande bruído nas augas, viu saír unha enorme cobra polo cano da fonte. O mozo deulle tres beixos por tras do cachazo e a serpe tornou para a fonte. Tornou a saír a serpe, agora con menos bruído e poñéndose dereita diante do mozo, e levou outros tres beixos e enguliuse na auga. Á terceira vez saíu case mansiña de todo e, ao darlle os beixos, caeu no chan feita un adival. Naquel intre comenzou un ruxido enorme de cartos e apareceu a moza cos sacos cheos de ouro que seu pai levara e que ficaban gardados pola serpe.

     A moza non quixo volver á casa de seu pai e foi casar á igrexa da parroquia co mozo que a desencantara
 
MAPA
Arzúa - A Coruña
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901