sábado, 13 de octubre de 2012

PETROGLIFO OUTEIRO DAS TIXOLAS

PETROGLIFO
PEDRA DAS TIXOLAS
CATOIRA
PONTEVEDRA

     Os grabados ruprestes ó aire libre constitúen un tema moi importante de Galicia xa que son unha manifestación moi peculiar desta área. 


    O seu estudo plantexou e plantexa fondos problemas, como o da cronoloxía, cuestión iconolóxica, etc.

     En xeral, os petroglifos galegos caracterízanse polo tema das combinacións circulares, sendo escasas as representacións de tipo figurativo- naturalista. DE LA PEÑA e VÁZQUEZ VARELA (1979) observan que no tocantes a técnica empregada na confección dos grabados, diferéncianse dous tipos: aqueles nos que os surcos presentan unha sección transversal en forma de V con bordes moi angulosos, e que nos falan dunha relativa modernidade, e aqueles nos que a sección transversal é en U moi aberto e que é técnica predominante e seica máis antigua.


    No tocantes á cronoloxía, os grabados van- segundo os motivos- dende un momento posterior á Cultura Megalítica e anterior á Cultura Castreña, ata épocas medievais ou modernas. 

 
     A temática que presentan os diversos petroglifos existentes en Catoira, son cazoletas, círculos sinxelos e combinacións circulares.



   
     As cazoletas poderían ter moi diferente significado segundo o contexto no que aparezan. 



    A cronoloxía tamén depende, pois se ben poden constituir parte da arte rupestre prehistórica, tamén hai representación de cazoletas sobre os marcos que sinalaban os límites territoriais, xa en momentos plenamente históricos.




   O das combinacións circulares é o tema máis característico da arte rupestre prehistórica galega. Quizabes estas representacións teñan un carácter simbólico- relixioso.



PEDRA DAS TIXOLAS

Localización: San mamed de Abalo.

Coordenadas: 42º 38' 26'' N. - 8º 43' 52'' W.


 
Acceso: estrada comarcal 550 de Pontecesures a Vilagarcía. Á altura do Km 13 cóllese unha desviación á esquerda que leva a Abalo.


    
     Tras medio Km de percorrido cóllese unha nova desviación á dereita que conduce o Pazo de a Baeira, dende aquí, sóbese por unha pista ó monte, e ascendendo, a un Km chégase ó petroglifo situado na marxe do camiño.


 
Adscripción cultural:  
     Idade de Bornce.
Adscripción tipolóxica: 
     representación gráfica.



Descripción: 
     situado na ladeira do monte, nunha roca de forma elíptica dunhas dimensión de:
    Largo no seu eixe maior: 4,50 m.
    Largo no seu eixe menor: 3 m.


     A súa decoración é moi complexa, con motivos decorativos que forman composicións ata hoxe inéditas. Os motivos decorativos son círculos e cazoletas, cazoletas e círculos concéntricos, líneas sinxelas que se asemellan ás notas musicais.



VIDEO
 MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901