domingo, 7 de octubre de 2012

PORTOMARTIÑO - XESTA - A LAMA

PORTOMARTIÑO
XESTA
A LAMA
PONTEVEDRA



     Nos cumes da “Serra do Suido” nacen os ríos Oitavén, Avia, Verduxo e Tea.As súas augas cristalinas de fondo rochoso van formando abondosas pozas naturais. 


     Os pasteiros onde  as vacas  e cabalos viven en liberdade, mistúranse cos bosques de ribeira de ríos e regatos, cos carballos, bidos e acivros. 


     Pola sua proximidade á costa podemos albiscar dende os cumes da serra as Illas Cíes e Ons. Dende o Monte Seixo son visibles as rías de Vigo, Pontevedra e Arousa, o Macizo Central Ourensán e os picos do Xurés na Raia con Portugal. A Carballeira de Xesta é un refuxio de fauna con grande valor paisaxístico.

     
     A ALDEA DO PORTOMARTIÑO  rehabilitouse  cun concepto de ecoturismo, para disfrutar en contacto coa natureza a descoberta da paisaxe da Serra do Suido e a Serra do Cando, que forma parte de RED NATURA 2000. Está situada  ás beiras do Río Xesta, na singular paraxe da “Carballeira de Xesta”,  a maior carballeira do interior de Pontevedra.

     
     Dende a aldea podense  percorrer varias rutas de sendeirismo: a Ruta da Freixa (PRG24), Ruta dos Chozos, Foxo do Lobo, e visitar as fervenzas de Liñares e  Fírveda ou a praia fluvial dos Prados. 



     Para os afeccionados  á pesca existen na zona varios coutos de pesca. A  15 Km., no encoro de Eiras, dispoñen de instalacións e material para  practicar  piragüismo. Actividades de sendeirismo, hípica, BTT, parapente... teñen nestas serras un lugar ideal . 



     
     Está situada a 30 Km. de Pontevedra, unha das cidades máis bonitas e mellor conservadas de Galiza. Pertence a comarca de Pontevedra, que polos abondosos xacementos da prehistoria é o cerne do megalitismo de Galiza, con diversas propostas de roteiros arqueolóxicos –Tourón, Campo Lameiro, Cotobade, Forzáns, etc.
 
 
     
     Terra mítica de lendas e culto á auga,  que descobrirá nas propiedades  beneficiosas para a saúde daqueles que beban dos sete mananciais  de SETEFONTES.



 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901