sábado, 13 de octubre de 2012

PTERIDIUM AQUILINUM - FENTO COMÚN

Pteridium aquilinum
Fento común
Helecho


     É abondoso nas beiras dos ríos galegos, inda que se ve moito máis nos piñeirais, eucaliptaís, camiños,  etc.
      En xeral en lugares húmidos e sombríos.
     As frondes son duras. Cobren  moitos lugares onde non hai árbores.
     O fento común ten un rizoma oscuro e groso.
     As frondes, algo duras, chegan os 70 cms.
     As frondes levan unha primeira división, e logo folíolos que se dividen en lóbulos algo lanceolados.
     Ten outros nomes: felgo, fento, fenta, fieito, folgueira, etc.
     É o fento o nome máis común de todos.

     Atópase en tódolos piñeirais, eucaliptais, beiras dos camiños e lugares onde se bota lixo, tamén por suposto a beira dos ríos
     Gusta moito de lugares húmidos e sombríos
     Este fento é tóxico, dicen que a súa inxestión produce cancro.
     As frondes, si se consume crudo, elimina a vitamina B1 do organismo.

     Non levanta moito do terreno por norma xeral, inda que se poden atopar de máis dun metro.
     Moitas veces o fento común cobre extensións enteiras de zonas sin árbores.
     Levantan un pouco do chan e dende logo permiten mirar por baixo dos fentos o que hai.
     Teño collido en outono cantidade de Boletus aestivalis simplemente mirando por debaixo dos fentos.
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901