sábado, 6 de octubre de 2012

SAÍALLE CARRIZA - CONTO DE MI

SAÍALLE CARRIZA

E saíalle carriza.

Tanto chovía enriba dela que, non soamente sentíase mollada, realmente víase, sabía que estaba enlamada.

O mofo cubríalle todo o corpo.

Seu axóuxere, a peza que tiña por corazón, cada minuto latexaba mais lento, batía sen forza.

Xa pouco dicía, nada pensaba, confundíase coa nada.

Deixábase mollar, e nin sequera agardaba a que escampase.

E tinguíase de puntiños de cor chumbo

Murchábase, o sabía, e…deixábase facer. 
Mi.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901