viernes, 12 de octubre de 2012

SALVIA - SARXA


SARXA
SALVIA OFICINALIS

 

      A sarxa, por suposto, non é unha planta típica do monte de Galicia e moito menos dos ríos, pero ten este espacio, xa que é unha planta que coñezo dende pequeno, e que ten moi boas propiedades, demostradas, para moitas cousas. Ten unhas flores moi vistosas.

     En galicia úsase para todo, como especie, para os nervios, en infusión para o estomágo, para os croques,  na cociña, etc.

      E un arbustiño que chega os 70 cm. de follas especiais xa que son moi alargadas , lanceoladas, con dentiños moi finillos nas beiras.  Os follas novas son algo peludas.

     As flores van en espiga.  O cáliz é algo violáceo, a corola branco-rosácea, ou azul.

 
    
Propiedades: algo diurética; sudorífica, desinfectante e astrinxente.
Indicacións: en gargarismos contra as anxinas; sudor nocturno dós tuberculosos; trastornos da menstruación. Apropiada cando convén provocar sudor. 

 Dicen que tamén é boa para a atonía dixestiva.
A verdade sirve para todo...

Uso: Para uso interno, infusión dunha cucharada por taza, de 3 a 4 tazas ó día, quentes. A mesma para gargarismos. Para uso externo, engadirr á  auga do baño de vapor uns 50 gramos de salvia.

Propiedades: Moi usada en Galicia, inda que dicen que non é unha planta galega, pero sempre se teñen nos xardíns, e lugares da casa, xa que ten moi boas propiedades para todo.

Uso: Para uso interno, infusión dunha cucharada por taza, de 3 a 4 tazas ó día, quentes. A mesma para gargarismos. Para uso externo, engadirr á  auga do baño de vapor uns 50 gramos de salvia.
Simplemente cocida en auga para ó estómago, unha duas cuchariñas nun 1/4 de litro e a ferver.
Ten tamén uso culinario : en sopas, verduras e asados.




SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901