sábado, 6 de octubre de 2012

SEÑOR CURA, ¡COMEUNO O GATO!


SEÑOR CURA, ¡COMEUNO O GATO! 
CONTO



    
      O señor cura dunha parroquia de lonxe vía con desgusto como cada día os seus fregueses deixaban de ir á misa e non sabía qué cousa facer nin cómo predicar para que volvesen cumprir como bos cristians. Cada vez era máis grande a súa inquietude e non seixaba de cismar día a día e hora tras hora, sen dar co remedio, ata que, ao cabo, debeu dar con algunha maraña pois, chegado o domingo siguinte ía haber un milagre pois el tivera un aviso do ceo facéndolle saber que ía baixar á terra o Espírito Santo para saber qué veciños ían á misa e cáles non, para tomar en conta na hora da súa morte.

     A tal oír, o parvo do sancristán que nada sabía, quedou medio pampo e púxose a cavilar. Ao marcharen os fregueses só na sancristía co señor cura, quixo saber e preguntoulle:

     -¡E logo, señor cura! ¿Vostede como vai facer para que baixe o Espírito Santo?

     O señor cura, dixolle:

     -¡Non teñas coidado, hom, xa verás na súa hora! No encanto ben será  que vaias á feira e, sen que te vexan os nosos veciños, merques unha pomba ben branca, ben branca e tráesma agachada.

     Chegado o día do milagre, a igrexa estaba chea. Axuntáranse tanta familia que non collía unha alma máis. Rematada a misa o señor cura dixo o seu sermón como era costume e falou de como por desleixados os seus fregueses ían todos  camiño de se condear. Engadiu logo que, ao ir tanto á misa como fixera, había de velos o Espírito Santo cando chegara e daquela el había pedirlle o seu perdón porque os seus fregueses, inda que eran un pouquechiño deixados, non eran malos cristiáns, por iso. E rematou pedíndolle a Deus Noso Señor que mandara baixar ao Espítito Santo.

     Ao deixar de falar o señor cura oíronse moitos ruídos polo faio da igrexa. Os fregueses, a tal ver, estarreceron. Pero o espírito Santo non baixo como todos agardaban. O señor cura, teimoso, seguiu padíndolle unha e outra vez ao Espírito Santo que baixara e, cando xa máis que falar, berraba apareceu no alto o sancristán que lle dixo con gran desconsolo:

     -¡Ai, señor cura! ¿E como vai baixar se o Espiríto Santo comeuno o gato?


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901