martes, 9 de octubre de 2012

SERRADOIRO DO MESTRE - SABUCEDO


SERRADOIRO DO MESTRE 
SABUCEDO
A ESTRADA 
PONTEVEDRA

 

     De baixa dificultade, e con case un quilómetro de percorrido, é unha boa alternativa para pasear á beira do río. 


     Comeza preto do teleclube, coa chamada Serra do Mestre como primeira parada. Nesta construción tradicional hai ademais dun vello muíño un serradoiro e un forno tradicional de pan. 

 
     O roteiro continua baixo frondosos carballos que se reflicten na auga cara á presa doutro muíño. Logo haberá que atravesar a Ponte de Saramagoso, una construción medieval, de pedras labradas, que anticipa un percorrido entre canles de pedra, como a presa do Cagallal.

 
     O camiño continúa cara o muíño de Pura do Comercio, de planta baixa e con cubo de balsa. Dende alí, camiñando pegados ao cubo deste muíño, de propiedade privada, vaise xunto á presa do Cagallal. 
 

     Á dereita, cara abaixo está o muíño e a presa das Paradas, feita tamén toda en pedra. Preto el unhas fermosas fervenzas engaden ó escenario outra bela estampa. O muíño das Paradas foi construído a principios do século XIX, un dos máis antigos que aínda se conserva. 


     Chámanlle das Paradas porque, ás veces, faltáballe auga. Trátase dun muíño de herdeiros, construído entre varios veciños ou familiares que despois repartían o tempo de moenda.

     
     A ruta prosegue atravesando o río por unha ponte de madeira. No outro lado está o chamado muíño do Medio, tamén de pedra e co tellado enlousado. O último do percorrido é o dos Obelleiros, saga familiar de Sabucedo, xunto ao que hai unha poza.



VIDEO
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901