viernes, 5 de octubre de 2012

TEÑEN AS SÚAS COUSAS..... - CONTO DE MI


TEÑEN AS SÚAS COUSAS.....



      ¡Que riquiños!, teñen os seus quefaceres. A razón os acompaña.

     Expresións que utilizamos moitas veces para referirnos as persoas que queremos, amamos, ou..., sempre teñen xustificación.


     Os seus desplantes, a súa ignorancia ou mal facer, sinxelamente, é.


     Defendemos acotío o indefendible; diante de nós mesmos, ou de quen sexa.


     ¡E alguén dos meus!.


     Velaquí, a vara de medir grande.


     Para o resto de persoas, a cousas cambia.


     Temos un caixón de xastre onde habitan ese tipo de persoas que sérvennos, reenchen ocos das nosas deficiencias, que medimos cá vara pequena.


     A elas si, esiximoslles que cumpran coa nosa vontade, coa nosa maneira de ver ou de facer.


     Sen pudor, sen remordemento. 


     A vara de medir pequena, as veces é tan cativa que non deixa que saibamos descubrir que hai xente, xentiña e xentuza, en tódolos lados.

     No medio dos nosos… tamén.
Mi.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901