domingo, 28 de julio de 2013

PETO DE A TORRE - BUSTELO - ESTACAS

PETO DE ÁNIMAS DE A TORRE 
A TORRE 
ESTACAS
FORNELOS DE MONTES

     
     Peto de ánimas situado a beira do camiño das Greas no lugar de A Torre. Presenta como elementos singulares as animas rescatadas do inferno por un anxo


      Presenta un caixón para recoller las esmolas no se se atoparon  moedas de varios países.  Ten forma de capela a dúas augas a casa a que se atopa adousado coñecese no lugar como Casa da Torre das Ánimas, o seu propietario José e unha persoa non amable que me facilitou o traballo e ilustroume en mis cousas da zona, estamos ante unha obra con moitísimos anos pero non somos coñecedores da data, o estado de conservación e moi bo.



      O seu significado vén da crenza na continuidade da alma despois da morte e da existencia dun paso intermedio para chegar ao ceo, onde se redimen os pecados e faltas cometidas en vida (o purgatorio), moi arraigada na mentalidade popular galega.



     Dentro das construcións populares, os petos de ánimas son os que evidencian a importancia do purgatorio. A finalidade destes elementos populares é que os vivos poidan ofrecer esmolas para a salvación das almas en pena que non encontran descanso no purgatorio, e así alcancen a felicidade no ceo.

 



     Unha vez liberadas, intercederán por quen fixo a ofrenda. Por tanto, trátase de procurar a salvación dos mortos pero tamén de se asegurar a propia.



     Moitos deles foron construídos pola devoción dun fregués ou polos veciños dun lugar. Son moi curiosas as advertencias que se fan no seu nome. Por exemplo, no de Famelga de Aguasantas (Cotobade) lese textualmente: "Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás...".



     Tamén se invita a recordar os nosos antepasados: "Ave María Purísima. Acordaos de las ánimas de vuestros padres o abuelos o tíos o parientes o amigos".



     E, noutra parte do oratorio, apréciase esta inscrición: "Rogad por nos, Señor, y socorrednos con vuestros sufragios que nos pidiremos por vos".


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901