miércoles, 15 de enero de 2014

MORRER DE AMOR - FLORENTINA GARCÍA

MORRER DE AMOR
FLORENTINA GARCÍA
LOUREIRO
COTOBADE


     Alguén contoume un conto, unha bela historia que aconteceu hai xa moitos anos, unha lenda de amor e morte.

     Dous rapaces noviños, él o fillo dun “señor”; ela, a pequena dunha casa humilde, fanse bos amigos e comparten momentos infinitos da súa vida cotiá, na escola, nos xogos, nos paseos polo bosque ao redor de Loureiro, a súa parroquia en Cotobade, ou polas beiras do río Almofrei.

     Co pasar dos anos, os nenos medran e a súa amizade convértese en amor. Un amor tan puro e tan verdadeiro que nin as protestas dos pais dunha nin as manobras para separalos dos pais do outro conseguen que deixen de encontrarse, sempre as agachadas, no seu recuncho, naquel fermoso lugar que só eles coñecen.




     Soan a defuntos as campás da Igrexa de Santiago, todos os que a coñeceron choran pola súa perda. Florentina García morreu, morreu de tristeza e soidade. Os seus pais levárona fóra, lonxe, moi lonxe da casa cando souberon que a rapaza estaba encinta. Que vergonza máis grande! Que deshonra para a familia! A moza quedara preñada sen terse casado.

     Ao seu enterramento acudiron as xentes da veciñanza, todos foron testemuñas da dor daquel home que ao lonxe, apartado de todos, choraba amargamente. Era aquel rapaz que tanto a quixera e que mandou poñer unha lápida na que deixar constancia do seu pesar:




“De la prenda más querida yacen aquí los despojos, y no se contienen los ojos de llorar a Florentina”


     Moitos dixeron que a rapaza morrera ao dar a luz e que na sepultura atópanse os restos dela e máis os do seu pequechiño:


  “El día primero de vida fue el postrero 
de esta joya malograda”.

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Pilar Gómez Buhigas
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901