jueves, 11 de septiembre de 2014

MUIÑO DE COVIÁN - RELLAS - SILLEDA

 MUIÑO DE COVIÁN
RIO ESCUADRO
RELLAS
SILLEDA


Lalín
     A vila de Lalín, capital do municipio e cabeceira da Comarca de Deza, constitúe un punto de referencia dentro do mapa de comunicacións de Galicia.



     Precisamente, esta situación privilexiada no centro da comunidade autónoma contribuíu nos últimos anos ó seu despegue como centro comercial e de servizos dunha ampla zona gandeira.



     Así, a pesares de que en 1960 a vila non era máis que un pequeno núcleo de poboación, formado por varias reas de edificacións ó longo das estradas Ourense-Santiago e Lugo-Pontevedra, na actualidade xa acolle a 8.338 veciños.



     Unhas das sinais de identidade da vila de Lalín é a igrexa parroquial, que comezou a ser construída no ano 1888 sendo alcalde Benito Calviño e que quedou rematada en 1915.



     Nas súas inmediacións atópase o monumento erixido polo pobo lalinense ó célebre astrónomo e matemático Ramón María Aller. A obra, do escultor Asorey, loce na súa base a lenda "ciencia, humildad y virtud", que resume a vida deste fillo ilustre de Lalín. Tamén de Asorey é o monumento ó aviador Joaquín Loriga, situado no Parque de Loriga, que foi inaugurado no ano 1933 e que representa un avión chantado na terra a modo de cruz latina, xunto coa figura do aviador e dúas mans estreitadas, simbolizando a unión entre os pobos de España e Filipinas -perpetuando así a xesta do ilustre lalinense-.



     Por outra banda, a vila de Lalín ofrécelle ós seus veciños na actualidade tódolos servizos que se poden atopar nunha grande cidade, tanto no eido sanitario, como no educativo, deportivo, lúdico ou cultural.



     Esta ampla oferta amosa que a pequena vila de Lalín está inmersa nunha profunda metamorfose que está a convertela xa na gran capitalidade do interior de Galicia.



Rellas
     Rellas, como Escuadro, goza das bondades do Val de Escuadro e dos ríos Toxa e o propio Escuadro que alimentan as terras para o labradío. 


    Aínda que pequena en extensión, a súa historia corre parella á do mecenas e protector Beltrán Legerén, de orixe francesa, que dende a súa chegada no ano 1820 transformou a vida de toda a parroquia, modernizando as formas de traballo, creando muíños industriais, levantando unha fábrica de papel e outra de curtidos e incluso realizando diversas melloras na parroquia, incluíndo a nova igrexa. 


     Hoxe é historia, pero quedan mostras como a casona coñecida como a Casa da Fábrica e a mansión de estilo francés construída posteriormente a carón desta.


     No aspecto etnográfico temos a sorte de ver restaurado, grazas a un Taller Obradoiro do Concello (2008), o muíño máis grande da Comarca. 


     O Muiño de Covián, construído no ano 1810 e que con catro moas era un dos muíños de maquía máis importantes da zona a onde acudían os veciños para obter a preciada fariña. 


     Hoxe accédese facilmente dende a Vía da Prata, preto da Ponte de Pedra de Chapa, e pódese disfrutar do río, carballeiras e mesas dispostas nunha área de lecer.

MAPA
Arquitecto autor do proxecto de rehabilitación
Lino M. Doporto Framil 
Fuente: Turismo de Silleda.
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901