domingo, 21 de septiembre de 2014

PAZO DE BENDOIRO - PRADO - LALÍN

 PAZO DE BENDOIRO
PRADO
LALÍN
DEZA


Pazo de Bendoiro
     O Pazo de Bendoiro de Abaixo é un pazo galego situado na parroquia lalinense de Bendoiro, na marxe dereita da estrada N-525 ao sobrepasar Prado.


Historia
     Foi construído a finais do século XVIII, segundo se le na capela no ano 1773. Conta cunha gran solaina, unha cheminea de grandes proporcións e un escudo de grandes dimensións sobre o portón de entrada no que se representan as armas dos Arias, López de Lemos, Churruchaos, Taboada e Arias. A arquitectura é amurallada.



     Manuel Saco Taboada Feijoo, un titular da casa, foi xustiza da torre-fortaleza de Lalín. 



     Nela naceu tamén María Antonia Taboada Bueno, esposa de José María Moscoso de Altamira primeiro conde de Fontao, Moscoso e Altamira, ministro de Gobernación e presidente do Senado na época de Isabel II.


Prado
     San Martiño de Prado é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2009 tiña 256 habitantes (129 mulleres e 127 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 316 habitantes. A parroquia eclesiasticamente pertence á diocese de Lugo.




Economía
     Prado, ao estar situado no centro xeográfico galego, é un punto de confluencia importante. A estrada N-525 transcorre ao longo da parroquia.




Historia
     En Prado celebrábase unha feira mensual os días 13 de cada mes, que lle proporcionaba unha activa vida comercial. Nesta parroquia naceu o político Xosé Cuíña.
 



Patrimonio
    Ponte Taboada.
    Pazo de Liñares, onde naceu o aviador Xoaquín Loriga.
    A igrexa parroquial é de corte neoclásico, posúe unha única nave con ábsida rectangular. Na fachada destaca a liña de cornixa que a divide en dúas partes, coróase co campanario de dobre arco rematado con pináculos.
    Capela da Santa Lucía, unha ermida de pedra na que destaca o campanario dun único arco rematado cun Agnus Dei, baixo o cal hai un nicho. Nela celébrase unha famosa romaría.
    Parque de Prado, cun monumento ao aviador Xoaquín Loriga.


 
Educación e cultura
     En Prado está situado o Colexio Público de Educación Infantil e Primaria Xoaquín Loriga. Hai ademais un pavillón deportivo que é basicamente de uso escolar do colexio. Conta tamén con farmacia, carnicerías e algunhas industrias.



     En novembro de 2009, refundouse a antiga banda de música, A Lira de Prado (como presidente Antonio Costa) que dende entón comezou a percorrer distintos puntos da comarca do Deza, así como lugares incluso fóra de Galicia.



Festas
    Último domingo de maio - Fillas de María: Primeiras Comuñóns.
    11 de xullo - San Bieito.
    15 e 16 de setembro - Festas Patronais na honra da Virxe das Dores.
    11 de novembro - San Martiño.



Lalín
     Lalín é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. A vila ten unha poboación de 20.409 habitantes (2012) e divídese entre o núcleo urbano, onde hai máis de 10.000 veciños, e as 52 parroquias do rural. 



     Lalín é a capital e a vila principal da súa comarca e a novena cidade da provincia, despois de A Estrada . O concello posúe unha densidade de poboación de 63,85 hab./km², e unha superficie de 326,8 km², o que o converte no concello máis grande de Pontevedra e o cuarto de Galicia.


     O concello de Lalín atópase no nordeste da provincia de Pontevedra; fai fronteira co concellos de Silleda e Vila de Cruces polo noroeste, con Forcarei polo oeste, con Agolada e Rodeiro polo nordeste, con Dozón polo suroeste e co Irixo polo sur, todos eles pertencentes á comarca pontevedresa do Deza agás O Irixo que pertence á provincia de Ourense.



     O nome de Lalín vén de "Lalino", un colono do Conde de Deza que tivo ao seu cargo as terras nas que, anos máis tarde (980), se erixiu o mosteiro de San Martiño de Lalín de Arriba.
 


Orixe e historia
     En tempos prehistóricos, xa estiveran poboadas estas terras. Así o testemuñan os castros de Donramiro e Goiás, a pouca distancia de Lalín, e mesmo o castro que algúns historiadores sitúan no lugar que hoxe ocupa o parque do aviador Loriga, sobre o que na época sueva se construíu unha torre-fortaleza. 



     Precisamente ao abeiro desta fortaleza medieval xurdiu o casal da Torre, que con outros casais illados formou o primitivo núcleo urbano de Lalín no século XIX. Torre-fortaleza que logo pasaría aos Suárez de Deza-Churruchao, e nos últimos tempos, antes da súa destrución, ao Conde de Lemos. 


     Derrubado en 1846, só quedou en pé ata os primeiros anos deste século a torre da homenaxe, á beira da que se erguía un vello carballo chamado "da manteiga". 


     A finais do XVIII, o lugar da Torre estaba formado por sete casas, nas que se daba comida e aloxamento a moitos feirantes, que concorrían ás dúas feiras mensuais, e aos viaxeiros que transitaban de Ourense a Santiago, e de Lugo a Pontevedra.


     En Lalín editáronse os periódicos La Defensa (1905-1909), Verdad y Justicia (1922-1924) e Razón (1933-1934).



     A vila de Lalín, formada xa polos casais da Torre, Barrio de Abaixo, Tirabeque, Cacharela, Pontillón e outros, contaba en 1930 con pouco máis de trescentos veciños. Virían logo os anos do desenvolvemento e do progreso, ata converterse nos nosos días na vila máis importante da Galicia Central.


MAPA
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901