lunes, 13 de octubre de 2014

CAPELA DE SANTA COMBA - NAVES

 CAPELA DE SANTA COMBA
NAVES
SAN MAMEDE DE PALMÉS
OURENSE


     De difícil datación, sábese que era benedictino e probablemente fundado por Alfonso III no ano 888.


     Constaba de planta baixa, piso inferior e superior e tamén posúe unha capela “exenta” de época moderna e un pombal. Albergou a 12 monxes. 


     Estaba rexido por prior e non por abade e, ademais contaba con subprior, cillereiro, sacristán, vestiario, enfermeiro, cociñeiro e notario, cargos que non eran vitalicios agás o de prior.


     O mosteiro de Santa Comba de Naves enfrontouse no século XV á reforma bieita levada a cabo por Fr. Rodrigo de Valencia, prior de S. Benito de Valladolid.



     O 26 de abril de 1499 o prior de Valladolid uniu e incorporou os mosteiros de S. Pedro de Rocas e Santa Comba de Naves ó mosteiro de Celanova, pero en o 23 de xullo xa cambiara de opinión e asóciase a San Paio de Antealtares, Rocas e Naves. Celanova recorre a Valladolid e a anexión non prospera.



     A definitiva bula de anexión é obra de León X en Roma o 19 de marzo de 1513, a petición do abade de Celanova o pontífice declara válida e confirma a anexión feita polo seu predecesor Xulio II. Desde entón, Santa Comba é un priorato administrativo de Celanova.


     Reconstruído en 1760 funcionou até o 1836, en época moderna con tres ou catro monxes.



     No sótano aínda podemos observar restos dun lagar para facer viño e dunha prensa.


     Sobre a porta principal aínda se conserva o escudo do mosteiro: cruz treboada, compás e un círculo, que indica a dependencia de Celanova.


San Mamede de Palmés
     San Mamede de Palmés é unha parroquia situada ao norte do concello de Ourense. 


     Segundo o padrón municipal en 2005 tiña 321 habitantes (165 homes e 156 mulleres). Entre 1836 e 1943 pertenceu ao Concello de Canedo.

MAPA
Fuente: PatrimonioGalego
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901