domingo, 23 de noviembre de 2014

CASTRO DE ARMEÁ - ALLARIZ

CASTRO DE ARMEÁ
ARMEÁ
AGUAS SANTAS
ALLARIZ
OURENSE


Castro de Armeá
     O castro de Armeá é un castro situado no lugar de Armeá, na parroquia de Augas Santas, pertencente ó concello ourensán de Allariz. A cronoloxía de ocupación do Castro é entre o S. IV-III a.C e o século IV da nosa era.



Características
     O castro de Armea foi declarado Monumento Histórico-Artístico en 1963. Actualmente ten a categoría de Ben de Interese Cultural (BIC).


Arqueoloxía
     O castro foi escavado por Conde Valvís. Atopáronse restos indíxenas e romanos, que están depositados na súa maioría no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.


Contorna
      Próximo ao castro, e nunha carballeira, atópase o lugar coñecido polo nome de As Pías ou Baños de Santa Mariña, segundo Vicente Risco. Trátase de dúas pías labradas nun afloramento granítico situado a ras do chan que aparece rodeado perimetralmente por un muro de cachotería de un metro de altura e pranta circular. 


     A pía de maior tamaño ten forma rectangular e nela conserva un bo caudal de auga durante todo o ano. Á beira dun dos seus lados maiores disponse outra pía de menores dimensións. Na cabeceira da pía maior, así como nun lateral daquela, sitúanse dúas cazoletas circulares de tamaño desigual. 


     Conde Valvís apuntou a posibilidade de que esta construción operase como prensa de aceite de oliva, unha hipótese que parece ser corroborada pola existencia dun pequeno orificio que une ambos recipientes.



Santa Mariña de Augas Santas
     Santa Mariña de Augas Santas é unha parroquia situada no norte do concello de Allariz. Segundo o INE no 2010 tiña 200 habitantes (93 homes e 107 mulleres).



     Situada a 6 quilómetros da vila, limita coas parroquias alaricanas de Folgoso e Os Espiñeiros e cos concellos de Taboadela, Paderne de Allariz e Xunqueira de Ambía. O seu núcleo máis poboado é Santa Mariña de Augas Santas, con 67 habitantes.



Patrimonio histórico
     Na parroquia está o castro de Armeá, orixinario do século II a.C., no que apareceron dúas estatuas de guerreiros castrexos e un gravado rupestre antropomorfo.


     Segundo a tradición aquí foi decapitada no ano 139 a mártir cristiá Mariña de Augas Santas. No mesmo lugar onde foi decapitada erixiuse a igrexa parroquial baixo a súa advocación. A igrexa actual, construción románica de finais do Século XII, posúe tres naves sen cruceiro, con falso triforio no interior, rosetóns na fachada e nas tres ábsidas. 
 

     É unha ampliación sobre unha máis antiga que se fixo o descubrirse os restos da Santa durante o reinado de Afonso II. O mausoleo da santa sitúase sobre o que se considerou o seu sepulcro. Ten unha lauda lisa sobre a terra, orixinaria do século XVIII. As imaxes son de Santa Mariña no centro e o seu carón Santa Marta e Santa Eulalia. Cabo da igrexa está o pazo de verán do bispo de Ourense.
 

     Na parroquia tamén hai outra capela que quedou a medio construír desde o século XIII, a igrexa da Asunción. Construción heterodoxa vinculada ao Castro de Armeá e ás lendas de Santa Mariña.



Festas
     O día da ascensión celébrase a procesión dos pendóns e o día de Santa Mariña, 18 de xullo, festéxase a esta santa.



Demografía
     No período 1999—2010 a poboación de Augas Santas diminuíu 96 persoas (48 homes e 48 mulleres), en porcentaxe iso supón unha caída do 32,43 %.


MAPA


XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901