lunes, 15 de diciembre de 2014

MUIÑOS EN BOEIXOS - AVIÓN

MUIÑOS EN BOEIXOS
BOEIXOS
MOURISCADOS
AVIÓN 
OURENSE


    Avión é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro.



     Segundo o INE a súa poboación no ano 2010 era de 2.561 habitantes (2.730 no 2006, 2.780 no 2005, 2.804 no 2004, 2.881 no 2003).



     O seu nome procede do veciño río Avia.



     Sitúase no noroeste da comarca do Ribeiro. Limita ao norte con Beariz, ao sur con Carballeda de Avia, ao leste con Boborás e Leiro, e ao oeste cos concellos da Lama, Fornelos de Montes e Covelo.



     É un concello montañoso e de relevo accidentado. As serras do Suído e Faro de Avión limitan o concello polo oeste superando os 1.000 metros de altitude.



     Desde os cumios o relevo descende abruptamente, dando lugar a vales encaixados que dificultan as comunicacións.



      A rede fluvial está formada polo río Avia e os seus afluentes. O Avia nace en Fonte Avia, parroquia de Nieva, e recibe en Avión tres afluentes de importancia: o Couso, o Valderías e o río Cardelle, que forma o límite cos concellos de Boborás e Beariz.



     O clima de Avión ven condicionado polas diferenzas de altitude entre as distintas terras do concello. Nas serras do Suído e Faro de Avión o clima é de montaña, frío en inverno e con intensas precipitacións mentres que nas zonas máis baixas as temperaturas son máis cálidas aproximándose ao tipo de clima mediterráneo da comarca do Ribeiro.



     Na zona intermedia entre a montaña e os vales pode dicirse que aparece un tipo de clima continental. O observatorio de Amiudal, a 553 m de altitude, rexistra unhas medias aproximadas de 5,5 ºC en xaneiro e 19 ºC en xullo.



Mouriscados
     Mouriscados é un lugar da parroquia de Abelenda no concello ourensán de Avión na comarca do Ribeiro. Tiña 81 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 39 eran homes e 42 mulleres. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010 cando tiña 84 habitantes (41 homes e 43 mulleres).



Santa Mariña de Abelenda
     Santa Mariña de Abelenda é unha parroquia do concello de Avión e arciprestado de Avión-Leiro, provincia e diocese de Ourense.



Poboación
     Segundo o INE, no ano 2000 vivían 742 persoas en Abelenda (420 mulleres e 322 homes).



     Hoxe quedan 643 (ano 2010). Os descensos son lentos pero constantes, como na maioría do rural de Galicia.



     A perda poboacional de Abelenda triplicouse no período 2005-2010 respecto ao 2000-2005.



Lugares de Abelenda
     A Carixa, Abelenda, Boeixos, Casar do Nabo, Mangoeiro, Mouriscados, Pordelapa, Rodeiro.

MAPA


XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901